Baloncesto

A xornada 4 que se tiña que disputar o Mércores 11, quedou adiada para o Mércores 25. Toca esperar pola volta do basket 3x3!!


Resumo Xornada 3 Basket 3x3

O pasado mércores 4, disputouse a 3ª Xornada do torneo 3x3 de Basket do IES Illa de San Simón!



Con 6 equipos xa confirmados, houbo 3 encontros, e cada vez vai collendo mellor forma e máis calidade o torneo!!

No primeiro deles enfrontáronse ALBACETE BALONCESTO, formado por Sergio, Martín, Xabi e Alfonso de 2ºB, contra ALMEJAS, formado por Lucas, Rubén, Manu e Isaac de 2ºA.

Partido moi entretido, con moitas canastras, bo xogo ofensivo, non que non brillaron tanto as defensas. Albacete dominou o encontro desde o principio, e nin o arreón final de Almejas, lles chegou para rascar algo. Grandísima actuación de Sergio, con ata 5 canastas e unha morea de rebotes, que volta ser o claro MVP. Victoria de Albacete por 3 puntos. 

O segundo partido en disputa, enfrontou a PAPANATS, formado por Lucas, Adriana e Mateo de 3ºC, contra FIRULAIS, formado por Andrés e Sergio de 3ºA e Rubén e Pablo de 3ºB.

Duelo de equipos de  terceiro, que non defraudou en paixón e intensidade. Moita defensa neste encontro, o que propiciou moito rebote ofensivo e bonitos duelos baixo canastra, o encontro decidiuse cunha canastra de Lucas, que o fai merecedor do MVP

O terceiro partido e definitivo encontro, enfrontou a GETAFE BALONCESTO, formado por Matías, Daniel e Nico de 2ºA, contra CBR REDUX, formado por André(1ºA), Adrián (1ºC), Leo(2ºC) e Mateo(1ºB)

Partido con máis calidade baloncestística do torneo, bos ataques, grandes penetracións, bloqueos e rebote, moi bo encontro que rematou con empate, onde destacou Nico por parte de Getafe e André, por parte de CBR que se levou o MVP do encontro. 

Parabéns aos equipos e a toda a afección que entrou animar ao pavillón! Mércores máis e mellor!!


Xornada 3 Torneo de Basket

Mañá mércores 4, volve o torneo 3x3 de Basket do IES Illa de San Simón!  3ª Xornada en disputa, onde se enfrontarán:


ALBACETE - ALMEJAS

CBR REDUX - GETAFE

FIRULAIS - PAPANATS

Tres partidazos para seguir coa emoción do basket no pavillón! Non volo perdades!!

CLASIFICACIÓN



Xornada 2 Torneo de Basket

Leo, Sergio e Dani (Mvps)

O pasado mércores 28, disputouse a 2ª Xornada do torneo 3x3 de Basket do IES Illa de San Simón!
Con 6 equipos xa confirmados, houbo 3 encontros-

No primeiro deles enfrontáronse ALBACETE BALONCESTO, formado por Sergio, Martín, Xabi e Alfonso de 2ºB, contra PAPANATS, formado por Lucas, Adriana e Mateo de 3ºC.

Partido moi disputado, con boas defensas, ás veces rozando a legalidade,  moito rebote ofensivo e poucas canastras!! Partido con certa polémica, que esperamos non se repita. Finalmente empate no partiodo. Como estamos en modo liga e para que se podan disputar 3 partidos por recreo, aceptamos o empate sen prórroga.
MVP do encontro Sergio, que dominou o rebote e levou o peso do equipo

O segundo partido en disputa, enfrontou a GETAFE BALONCESTO, formado por Matías, Daniel e Nico de 2ºA, contra ALMEJAS, formado por Lucas, Rubén, Manu e Isaac de 2ºA.

Partido no que predominou a defensa fronte aos ataques, apaixoante, pero con moitos erros baixo o aro. Segundo empate da xornada que deixou a Dani coma Mvp , que coas súas penetracións e rebote ofensivo, liderou ao seu equipo.

O terceiro e definitivo encontro, enfrontou a CBR REDUX, formado por André(1ºA), Adrián (1ºC), Leo(2ºC) e Mateo(1ºB), contra FIRULAIS, formado por Andrés e Sergio de 2ºA e Rubén e Pablo de 2ºB.

O mellor encontro da xornada, con boas canastas, bos ataques e bonitos duelos. Moita clase no CBR e bo xogo nos Firulais, liderados por Sergio. Terceiro empate do día, que deixou todo en táboas!! Mvp do encontro foi Leo, que liderou o equipo no manexo dos tempos, nas entradas a canasta e no rebote.

Parabéns aos equipos e a toda a afección que entrou animar ao pavillón! Mércores máis e mellor!!

Comezou o torneo 3x3 de Basket!!

O pasado mércores, deu comezo o torneo 3x3 de Basket do IES Illa de San Simón!
Con 6 equipos anotados e á espera de que un par deles máis se animen, comezou o torneo do basket da rúa no pavillón do IES.

Tiveron lugar dous encontros, no primeiro deles enfrontáronse ALBACETE BALONCESTO, formado por Sergio, Martín, Xabi e Alfonso de 2ºB, contra GETAFE BALONCESTO, formado por Matías, Daniel e Nico de 2ºA.

Partido moi disputado, con boas defensas, moito rebote ofensivo e bonitas canastras!! Finalmente levouse o partido ALBACETE por un tanto de diferencia, falando do igualado do encontro!!
MVP do encontro Sergio, que dominou o rebote e levou o peso do equipo

O segundo partido en disputa, enfrontou a CBR REDUX, formado por André(1ºA), Adrián (1ºC), Leo(2ºC) e Mateo(1ºB), contra ALMEJAS, formado por Lucas, Rubén, Manu e Isaac de 2ºA.
Partido no que predominou o ataque fronte as defensas, apaixoante e de toma e daca, aínda se recorda o triple de Isaac, pero que finalmente dominaron e remataron os rapaces de CBR. Victoria por 2 puntos e a por outra xornada!! Mvp André, que coa súa técnica e manexo de balón, liderou ao seu equipo

Parabéns aos equipos e a toda a afección que entrou animar ao pavillón! Mércores máis e mellor!!




 Chega o basket da rúa ao IES Illa de San Simón

O baloncesto 3x3 chega ao IES en forma de torneo que se disputará todos os mércores no recreo!!
Haberá 2 categorías, 1º e 2º da ESO, 3º e 4º da ESO. Os equipos estarán formados por ata un máximo de 4 xogador@s, con pequenos partidos a 11 puntos ou 10 minutos. 

As normas serán as oficiais dos Xogos Olímpicos que podedes consultar aquí

Anotádevos xa!!


Pd: os partidos disputaránse nas pistas exteriores se o tempo acompaña ou no pavillón se chove

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Resumo xornada final (1ºe 2º da ESO)

 CLASIFICACIÓN FINAL LIGA REGULAR 1º E 2º DA ESO Chegou ao final a fase regular do torneo Illa de San Simón en 1º e 2º da ESO!!!! XA TEMOS F...

Visitas ao blog