mércores, 25 de marzo de 2026

XA temos campións do torneo de fútbol 3º e 4º ESO!!


 ATLÉTICO QUESITOS


Os novos campións do primeiro torneo de fútbol sala do IES Illa de San Simón son ATLÉTICO QUESITOS!!!

Equipo formado por integrantes de todos os TERCEIROS da ESO, foron quenes de derrotar na gran final a COJOS FC, que coma na final infantil, venderon moi cara a súa pel!

Noraboa a todos os equipos pola vosa entrega, paixón, compañerismo, xogo limpo e sobre todo por facernos disfrutar dos recreos dos xoves!!! 

QUEREDES TORNEO NA TERCEIRA AVALIACIÓN???

sábado, 7 de marzo de 2026

XA temos campións do torneo de fútbol 1º e 2º ESO!!

 

                CHOCOLATES

Os novos campións do primeiro torneo de fútbol sala do IES Illa de San Simón son CHOCOLATES!!!

Equipo formado por integrantes de todos os segundos da ESO, foron quenes de derrotar na gran final a CHURRERÍA PEPE, rapaces todos eles de 1º, que venderon moi cara a súa pel, e só dobregaron  o xeonllo, cun gol de LUCAS e coa grandísima actuación de ISAAC baixo paus, que foi o MPV da gran fínal!

Noraboa a todos os equipos pola vosa entrega, paixón, compañerismo, xogo limpo e sobre todo por facernos disfrutar dos recreos dos xoves!!! 

QUEREDES TORNEO PRIMAVERA???

martes, 24 de febreiro de 2026

Resumo xornada final (1ºe 2º da ESO)


 CLASIFICACIÓN FINAL LIGA REGULAR 1º E 2º DA ESO
Chegou ao final a fase regular do torneo Illa de San Simón en 1º e 2º da ESO!!!!

XA TEMOS FINALISTAS!!! 
CHURRERÍA PEPE e CHOCOLATES xogarán a gran final o xoves 5 de marzo!!

Na última xornada xogaron CHURRERÍA PEPE contra POLLITO, que se saldou cun empate a 1s, onde destacou a labor de Manu na portería de Pollito

Tamén xogaron o GETAFE FC e RACELTA, onde os primeiros conseguiron a victoria, logo dun disputado encontro no que decidiu o olfato goleador de Lucas!.

Este xoves máis e mellor coa última xornada de 3º e 4º da ESO!!!

NON PERDADES OLLO DAS REDES E DO CARTAZ DA FINAL!!!

luns, 16 de febreiro de 2026

Resumo Xornada 4 (3º e 4º ESO)

 

Isaac e Sergio(MVPs)

Xornada 4 (3º e 4º ESO)

Voltou o xoves e voltou o torneo de fútbol da Illa de San Simón!!

Despois de chover tooda a semana sen parar, o Xoves 12, voltamos a ter outra tregua coma a semana pasada, onde o tempo respectou o noso torneo de fútbol unha semana máis!!

O primeiro partido enfrontou a COJOS FC contra PECES GUASONES,  partido clave para decidir ao segundo finalista do torneo, onde o encontro partía moi aberto. Non deixou dúbidadas os Cojos, que dominaron o mesmo, e gañaron por 2-0, onde a gran actuación de Isaac, fixo que o marcador non fose maior. Noraboa! 

 O segundo encontro enfrontou a ATLÉTICO QUESITOS contra BURLAOS. Partido onde os de Quesitos partían coma favoritos, pero principalmente porque os Burlaos non comezaran con bo pé, xa que teñen un gran equipo. Foi o que se reflexou no terreo de xogo, partido de toma e daca, de poder a poder; con goles polos 2 equipos e que se decidiu no último segundo cun Gol de Sergio, que firmou o 3-2, facendo que Atl.Quesitos puxera os 2 pes na final e eliminando a Burlaos. Noraboa polo encontro aos equiopo, e ao MVP Sergio.


Xoves máis e mellor, trala volta do entroido, cos últimos partidos de 1º e 2º da ESO!! 



martes, 10 de febreiro de 2026

Recta final das ligas de Baloncesto e Fútbol



 Recta final das competicións de Basket 3x3 e Fútbol!!!

Achegamos os calendarios finais, cos partidos por disputar!!

Comenzando por mañá mércores co Basket, onde se enfrontarán:

ALBACETE - CBR REDUX

PAPANATS - GETAFE

FIRULAIS - ALMEJAS



O xoves tócalle ao fútbol (se o tempo nos da unha tregua, cos partidos de 3º e 4º da ESO

ATLÉTICO QUESITOS - BURLAOS FC


PECES GUASONES - COJOS FC 


A COMPETICIÓN NON PARA!!

luns, 9 de febreiro de 2026

Resumo Xornada 4 (1º e 2º ESO)

 

Samu e Lucas(MVPs)

Xornada 4 (1º e 2º ESO)

Voltou o xoves e voltou o torneo de fútbol da Illa de San Simón!!
Despois de chover tooda a semana sen parar, o Xoves 5, entre as 9 e as 12 da mañá escampou, para así deixarnos xogar outra apaixoante xornada do torneo!

O primeiro partido enfrontou a GETAFE FC contra CHOCOLATES,  partido clave para a clasificación, onde chocolates voltou amosar ás súas credenciais para ser campións. Dominaron o encontro de principio a fin e co triángulo Xoel, Manu e Lucas, finiquitaron o partido cun 3-0 a favor. Noraboa. 

 O segundo encontro enfrontou a  CHURRERÍA PEPE contra RACELTA. Partido onde os de Churrería partían coma claro favoritos, pero que se lles atascou e tiveron que traballalo moito para gañalo. Grandísima actuación do gardamete de Racelta Thiago, que fixo ata 7 intervencións e deixou o encontro aberto ata o final.

Adiantáronse quedando 4 minutos os rapaces de Churrería Pepe, por medio de Samu, pero os de Racelta non lle perderon a cara ao encontro, e gozaron dun par de ocasións moi claras. Xa nos últimos segundos chegou o gol da tranquilidade que puxo o 2-0 a prol de Churrería Pepe. Noraboa polo encontro!! 

Xoves máis e mellor, previo ao Entroido, esperando que a choiva respete os encontros! 

martes, 3 de febreiro de 2026

Xornada 4 (1º e 2º ESO)


 

Xornada 4 (1º e 2º da ESO)


Afrontamos a recta final da liguilla do torneo, coa xornada 4 dos rapaces e rapazas de 1º e 2º da ESO! Continuamos coa competición ligueira do Torneo de Fútbol.

Este próximo xoves 5 de Febreiro, temos outros  dous apaixoantes encontros, ao nivel de todo o torneo!

Os partidos do próximo xoves serán:

GETAFE FC - CHOCOLATES


RACELTA - CHURRERÍA PEPE


Debido ás INSISTENTES  inclemenzas climáticas que se preven para toda a semana, os partidos poderían mudar de día, tedes que estar atentos á páxina, onde irase informando, podedes contactar por mail ou buscando a Marcos polo IES!! Non perdades ollo!

XA temos campións do torneo de fútbol 3º e 4º ESO!!

  ATLÉTICO QUESITOS Os novos campións do primeiro torneo de fútbol sala do IES Illa de San Simón son   ATLÉTICO QUESITOS !!! Equipo formado ...

Visitas ao blog