luns, 9 de febreiro de 2026

Resumo Xornada 4 (1º e 2º ESO)

 

Samu e Lucas(MVPs)

Xornada 4 (1º e 2º ESO)

Voltou o xoves e voltou o torneo de fútbol da Illa de San Simón!!
Despois de chover tooda a semana sen parar, o Xoves 5, entre as 9 e as 12 da mañá escampou, para así deixarnos xogar outra apaixoante xornada do torneo!

O primeiro partido enfrontou a GETAFE FC contra CHOCOLATES,  partido clave para a clasificación, onde chocolates voltou amosar ás súas credenciais para ser campións. Dominaron o encontro de principio a fin e co triángulo Xoel, Manu e Lucas, finiquitaron o partido cun 3-0 a favor. Noraboa. 

 O segundo encontro enfrontou a  CHURRERÍA PEPE contra RACELTA. Partido onde os de Churrería partían coma claro favoritos, pero que se lles atascou e tiveron que traballalo moito para gañalo. Grandísima actuación do gardamete de Racelta Thiago, que fixo ata 7 intervencións e deixou o encontro aberto ata o final.

Adiantáronse quedando 4 minutos os rapaces de Churrería Pepe, por medio de Samu, pero os de Racelta non lle perderon a cara ao encontro, e gozaron dun par de ocasións moi claras. Xa nos últimos segundos chegou o gol da tranquilidade que puxo o 2-0 a prol de Churrería Pepe. Noraboa polo encontro!! 

Xoves máis e mellor, previo ao Entroido, esperando que a choiva respete os encontros! 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Resumo xornada final (1ºe 2º da ESO)

 CLASIFICACIÓN FINAL LIGA REGULAR 1º E 2º DA ESO Chegou ao final a fase regular do torneo Illa de San Simón en 1º e 2º da ESO!!!! XA TEMOS F...

Visitas ao blog