Isaac e Sergio(MVPs)
Xornada 4 (3º e 4º ESO)
Voltou o xoves e voltou o torneo de fútbol da Illa de San Simón!!
Despois de chover tooda a semana sen parar, o Xoves 12, voltamos a ter outra tregua coma a semana pasada, onde o tempo respectou o noso torneo de fútbol unha semana máis!!
O primeiro partido enfrontou a COJOS FC contra PECES GUASONES, partido clave para decidir ao segundo finalista do torneo, onde o encontro partía moi aberto. Non deixou dúbidadas os Cojos, que dominaron o mesmo, e gañaron por 2-0, onde a gran actuación de Isaac, fixo que o marcador non fose maior. Noraboa!
O segundo encontro enfrontou a ATLÉTICO QUESITOS contra BURLAOS. Partido onde os de Quesitos partían coma favoritos, pero principalmente porque os Burlaos non comezaran con bo pé, xa que teñen un gran equipo. Foi o que se reflexou no terreo de xogo, partido de toma e daca, de poder a poder; con goles polos 2 equipos e que se decidiu no último segundo cun Gol de Sergio, que firmou o 3-2, facendo que Atl.Quesitos puxera os 2 pes na final e eliminando a Burlaos. Noraboa polo encontro aos equiopo, e ao MVP Sergio.
Xoves máis e mellor, trala volta do entroido, cos últimos partidos de 1º e 2º da ESO!!
.jpeg)
Ningún comentario:
Publicar un comentario