Gorka e Hugo (MVPs)
O xoves xogáronse os últimos partidos da 3ª xornada do torneo Illa de San Simón!
Desta volta tocoulle aos rapaces e rapazas de 3º/4º. A choiva deu unha pequena tregua aínda que ao longo do primeiro encontro e principios do segundo, caíron unha pingas. O terreo estaba ben rápido e un pouco inestable, coma nas últimas semanas.
Saltaron primeiro á cancha os equipos de PECES GUASONES e BURLAOS, derbi de 4º que prometía moito fútbol. O partido comezou frío, pero rápidamente se adiantaron os Burlaos cun gol de Hugo nun pequeno erro do porteiro. Os Burlaos dominaron o encontro, pero os Peces Gusaones non lle perderon a cara en ningún momento, e xa rematando o mesmo, foron quenes de igualar o marcador. Resultado final 1-1.
A continuación, tocoulles o turno a LACOFATO67 contra ATLÉTICO QUESITOS. Os ata o de agora grandes dominadores do torneo, Atlético Quesitos, non tiveron piedade doa rapazada de 3ºB e dominaron todas as facetas do encontro. Triplete de Sergio e grandísima actuación de Gorka, que nos charcos do IES, fixeron maxia. 5-0 e con pé e medio na gran final.
Moitas gracias ao colexiado Suárez Álvarez, pola súa magnífica labor arbitral, seguiremos contando cos seus servicios nas próximas semanas!
Para a semana máis e mellor!! Estade atent@s á páxina, porque dependendo do Tempo, o día da xornada pode cambiar!! Haberá que levar uns ovos a Santa Clara, a ver se escampa algo!

Ningún comentario:
Publicar un comentario