domingo, 21 de decembro de 2025

Torneo de Nadal de Tenis de Mesa

 

Xa temos campións do Torneo de Nadal de Tenis de Mesa!



Táboa do torneo de Nadal

O pasado venres, levouse a cabo o desenlace do torneo de Nadal de tenis de mesa, máis coñecido coma ping-pong. Éxito de participación, con 16 parellas e tamén de seguimento do mesmo!!

O torneo foi emocionante dende os primeiros partidos, pero segundo se avanzaban roldas, a paixón e a emoción foi en aumento! 

Chegaron a semifinais as parellas Martín e Iker de 2ºC, que se enfrontaron na primeira delas a Mikel (1ºB) e Manu (2ºA), saíndo gañadores Mikel e Manu, no que parecía a Final anticipada,

Na segunda sefiminal as parellas, Luca (1ºC) e Gael (1ºB) enfrontáronse contra Dani e Mario (1ºB). A parella de 1ºB, Dani e Mario, leváronse o encontro, ensinando as súas credenciais para a gran Final.

Final disputadísima, que tivo que ir ao set de desempate, ensinando o gran nivel das dúas parellas. Mario e Dani, Mikel e Manu; fixestes un partidazo para decidir a Final. Nese último set de desempate, a final decantouse para Mikel e Manu! Parabéns campións!

E moitos parabéns a todas e todos os participantes!!

A continuación, presentamos o cadro de honra do Torneo de Nadal.


Campións: Mikel e Manu


Subcampións: Dani e Mario


3ª Posición: Iker e Martín

Imaxe da Final


mércores, 17 de decembro de 2025

Xornada 1 (3º e 4º ESO)

 ANÁLISE XORNADA 1 (3ºe 4º ESO)

17 de Decembro

Formación do Atlético Quesitos de 3º da ESO


Seguindo o acontecido na xornada inaugural, o segundo día de torneo foi espectacular! Gran ambiente, tempo seco e moito fútbol na cancha do IES San Simón.

Todo comezou ás 11.35 co partido disputado entre Os Burlaos e Lacefato67. Partido pechado, dos que se ten que masticar, onde Os Burlaos levaron o peso total, pero non foron quenes de materializar as numerosas ocasións que tiveron, moitas delas debido á MVP do partido, ALBA, que se fixo xigante e abortou todas as achegas dos rivais. Nunha das poucas chegadas de Lacefato, Iker definiu con mestría e deixou o marcador en 1-0 para o seu conxunto.

O segundo encontro tivo menos historia, foi dominado de cabo a rabo polo Atl. Quesitos, que soubo marcar o ritmo e os tempos do encontro, penalizando ao equipo dos Cojos, co seu xogo de pivote, onde Sergio foi determinante con varias xogadas que sacaron os OES do público, claro MVP. 4-0 para o Atl. Quesitos fronte aos Cojos.

Toca parar polas vacacións de NADAL, pero á volta máis e mellor!!

martes, 16 de decembro de 2025

Adianto xornada 1 (3º e 4º ESO)


 

Adianto Xornada1 (3º/4ºESO)

Debido ás inclemenzas climáticas que se preven para o xoves 18 de decembro, a última xornada do ano da liga de fútbol do IES Illa de San Simón, adiántase ao mércores 17 onde se espera un tempo marabilloso para a práctica do deporte. 

Espéranse partidos apaixoantes, coma os do pasado xoves, onde os rapaces e rapazas de 1º/2º da ESO, deixaron o listón moi alto, en canto a competitividade, xogo limpo, diversión e emoción ata os últimos segundos dos encontros. 

Esperamos ver as gradas cheas, animando e disfrutando coma na primeira xornada. Vémonos mañá!!  

Partidos de mañá:

LOS BURLAOS - LACEFATO67 FC

COJOS FC - ATLÉTICO QUESITOS

domingo, 14 de decembro de 2025

Novidades

 

Próximos encontros

ANÁLISE XORNADA 1

Comezou o torneo de fútbol no recreo do xoves!!

Pódese dicir que a xornada inaugural foi un éxito, tanto polo reflectido no terreo de xogo coma polo ambiente  fóra del. Ata os compis de primaria non quixeron perder ollo dos partidos!!

O campionato comezou coa disputa do Chocolates vs Pollitos, onde tras un comezo frío, os chocolates, que hoxe vestiron de vermello; dominaron por completo o xogo e demostraron as súas credenciais para levalo título! Ánimo a Pollitos, que de seguro non darán o seu brazo a torcer no torneo! Resultado: 4-0 a favor de Chocolates.

O Segundo partido enfrontou á Churrería Pepe contra o Getafe FC. Partido moi igualado, disputadísimo e emocionante, non exento de polémica, cun penalty a favor dos da Churrería, moi discutido polo graderío, así como o gol do empate por parte do Getafe. Todo se decidiu nos últimos segundos, cando Pablo apurou a banda e soltou un dereitazo que supuxo o 2-1 a favor de Churrería Pepe e 3 puntos para o peto.

MOITAS GRAZAS A TOD@S E SEGUIMOS!

Podedes ver os mvps dos partidos, así como os resultados clasificacións nas ligazóns do menú!

Cartaz

CARTAZ DO TORNEO DE FÚTBOL


O torneo IES Illa de San Simón, comeza o xoves 11 de Decembro. Será o fútbol o que de o pistoletazo de saída ao torneo, cos primeiros partidos de cada categoría, xogando ás 11.35 os equipos de 1º e 2º e ás 11.47 os de 3º e 4º


O terreo de xogo

 

TERREO DE XOGO


O torneo disputarase neste amplo campo exterior do instituto, que combina pista de fútbol sala e balonmán. Rodeado de edificios urbanos e con porterías e canastras visibles, ofrece un espazo aberto e versátil para os partidos. A pesar do ceo anubrado, o entorno transmite ambiente deportivo e de comunidade.





Xornada 2 (3º e 4º ESO)

Xornada 2 (3º e 4º da ESO) Este próximo  xoves 15 de Xaneiro , tócalle o turno os rapaces e rapazas de 3º e 4º da ESO, que nos amenizarán o ...