domingo, 14 de decembro de 2025

Novidades

 

Próximos encontros

ANÁLISE XORNADA 1

Comezou o torneo de fútbol no recreo do xoves!!

Pódese dicir que a xornada inaugural foi un éxito, tanto polo reflectido no terreo de xogo coma polo ambiente  fóra del. Ata os compis de primaria non quixeron perder ollo dos partidos!!

O campionato comezou coa disputa do Chocolates vs Pollitos, onde tras un comezo frío, os chocolates, que hoxe vestiron de vermello; dominaron por completo o xogo e demostraron as súas credenciais para levalo título! Ánimo a Pollitos, que de seguro non darán o seu brazo a torcer no torneo! Resultado: 4-0 a favor de Chocolates.

O Segundo partido enfrontou á Churrería Pepe contra o Getafe FC. Partido moi igualado, disputadísimo e emocionante, non exento de polémica, cun penalty a favor dos da Churrería, moi discutido polo graderío, así como o gol do empate por parte do Getafe. Todo se decidiu nos últimos segundos, cando Pablo apurou a banda e soltou un dereitazo que supuxo o 2-1 a favor de Churrería Pepe e 3 puntos para o peto.

MOITAS GRAZAS A TOD@S E SEGUIMOS!

Podedes ver os mvps dos partidos, así como os resultados clasificacións nas ligazóns do menú!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Resumo xornada final (1ºe 2º da ESO)

 CLASIFICACIÓN FINAL LIGA REGULAR 1º E 2º DA ESO Chegou ao final a fase regular do torneo Illa de San Simón en 1º e 2º da ESO!!!! XA TEMOS F...

Visitas ao blog