domingo, 25 de xaneiro de 2026

Xornada 3 (3º e 4º da ESO)


 

Xornada 3 (3º e 4º da ESO)


Xa comezada a Xornada 3 cos rapaces e rapazas de 1º e 2º da ESO, toca seguir coa 3 en 3º e 4º da ESO! Continuamos coa competición ligueira do Torneo de Fútbol.

Este próximo xoves 29 de Xaneiro, temos outros  dous emocionantes encontros, ao nivel de todo o torneo!

Os partidos do próximo xoves serán:

PECES GUASONES - BURLAOS FC


LACOFATO67 FC- ATLÉTICO QUESITOS


Debido ás inclemenzas climáticas que se preven para toda a semana, os partidos poderían mudar de día, tedes que estar atentos á páxina, onde irase informando, podedes contactar por mail ou buscando a Marcos polo IES!! Non perdades ollo!

venres, 23 de xaneiro de 2026

Resumo xornada 3 (1º e 2º ESO)

 

                                       MANU e NICO  MVPS

Xornada 3 (1º e 2º ESO)

Voltou o xoves e voltou o torneo de fútbol da Illa de San Simón!!

A chuvia respectou os encontros, pero o campo estaba moi rápido e con algún charco, o primeiro partido enfrontou a GETAFE FC e a POLLITOS, que contaba con algunha baixa importante, o que fixo que necesitara algún reforzo. 

O encontro comezou frío, totalmente controlado por Getafe, pero que non foi capaz de perforar a portería defendida por Manu. Intentouno ata o final, liderados por Nico, con Dani e Lucas intentándoo con tiros lonxanos, pero o partido rematou cun 0-0 que deixou máis satisfeitos a Pollitos que a Getafe.

 O segundo encontro enfrontou a  CHOCOLATES contra RACELTA, duelo que se desiquilibrou desde o comezo. Chocolates fixo un partido serio, cun estelar Manu R. que fixo as delicias do público con un " hat trick" e xogadas que sacaron os aplausos da grada. 3-0 para Chocolates e RACELTA terá que esperar para estrearse nesta liga. .

Proximo Xoves máis pero complicado que mellor!

luns, 19 de xaneiro de 2026

Torneo Individual de Tenis de Mesa


A partir de mañá martes 20 de Xaneiro, comeza un novo torneo no IES!

O torneo individual de tenis de mesa, este torneo queda dividido en 6 grupos de 4 xogadores e xogadoras, que xogarán todos contra todos.

Clasificarán para a fase A do torneo os 1º e 2º de cada grupo, e para a fase B os 3º e 4º.

Nesa segunda fase A, os mellores 1ºs clasificaranse directamente para cuartos de final e os peores 1ºs e os 2ºs xogarán un partido previo de oitavos de final.

O mesmo ocurrirá na fase B, os mellores 3ºs clasificaranse directamente para cuartos de final e os peores 3ºs e 4ºs xogarán partido previo de oitavos de final.

Non perdades ollo!!

 

sábado, 17 de xaneiro de 2026

Xornada 3 (1º e 2º ESO)


 

Xornada 3 (1º e 2º da ESO)


Unha vez remada a xornada 2, toca comezar coa 3 en 1º e 2º da ESO! Continuamos coa competición ligueira do Torneo de Fútbol.

Este próximo xoves 22 de Xaneiro, tócalle o turno os rapaces e rapazas de 1º e 2º da ESO, que nos deleitarán con outros dous emocionantes encontros, ao nivel de todo o torneo!

Os partidos do próximo xoves serán:

POLLITO FC - GETAFE FC

CHOCOLATES - RACELTA


Debido ás inclemenzas climáticas que se preven para toda a semana, os partidos poderían mudar de día, tedes que estar atentos á páxina, onde irase informando, podedes contactar por mail ou buscando a Marcos polo IES!! Non perdades ollo!

xoves, 15 de xaneiro de 2026

Resumo xornada 2(3º e 4º ESO)


Rubén e Iker (MVPs)

 O mércores xogáronse os últimos partidos da 2ª xornada do torneo Illa de San Simón! 

Desta volta tocoulle aos rapaces e rapazas de 3º/4º. A choiva deu unha tregua o mércores ás 11.30, hora do recreo, aínda que o terreo de xogo estaba ben rápido e un pouco inestable.

Saltaron primeiro á cancha os equipos de PECES GUASONES e LACEFATO67, o partido comezou frío e non dou cambiado o ritmo ata o final. Pouco xogo, moito mediocampismo, e respeto entre os dous equipos. Quixo rachar con el Iker, que cunha xogada pola banda, sacou un latigazo seco que se espetou no longueiro, escoitándose os oooohhs do resto de alumnado. Final 0-0 e reparto de puntos.

A continuación, tocoulles o turno a BURLAOS contra COJOS. A priori os rapaces de 4º parecían favoritos, pero costoulle entrar no partido, e cando se deron conto, un gol de Rubén e outro de Lucas, puxeron terra de por medio. Chegou a reacción, acurtaron distancias e puideron empatar, pero os Cojos leváronse finalmente o encontro por 2 tantos a 1. 

Para a semana máis e mellor!! Estade atent@s á páxina, porque dependo do Tempo, o día da xornada pode cambiar!!

martes, 13 de xaneiro de 2026

ADIANTO XORNADA 2!!!

Debido a alta probabilidade de choiva para xoves e venres, a xornada adiantase a mañá mércores. 

Calquera posible cambio será comunicado mañá nas primeiras horas.



luns, 12 de xaneiro de 2026

Xornada 2 (3º e 4º ESO)


Xornada 2 (3º e 4º da ESO)

Este próximo xoves 15 de Xaneiro, tócalle o turno os rapaces e rapazas de 3º e 4º da ESO, que nos amenizarán o recreo con dous apaixoantes encontros, que de seguro terán o mesmo seguimento aos da Xornada 1.

Os partidos do próximo xoves serán:

PECES GUASONES - LACEFATO67

COJOS FC- BURLAOS FC


Debido ás inclemenzas climáticas que se preven para o xoves 15, os partidos poderían mudar de día, incluso adiantarse ao mércores, informarase nesta páxina ou o no centro!! Non perdades ollo!


 

sábado, 10 de xaneiro de 2026

Comezo da Xornada 2 (1º e 2º ESO)

 


Xornada 2 (1º e 2º ESO)

Voltou finalmente o torneo de fútbol da Illa de San Simón, tralo parón de Nadal. Tivo que facelo en venres, polas inclemenzas metereolóxicas do xoves, pero como voltou!!

A chuvia respectou os encontros, pero o campo estaba moi rápido, o primeiro partido enfrontou a RACELTA, que debutaba no torneo, e a POLLITOS, que se querían resarcir da derrota da primeira xornada.

O encontro comezou frío, pero rápidamente Pollitos tomou o control e non o perdeu en prácticamente ningún momento. Notouse que era o primeiro encontro de Racelta, pero ben seguro que lle collerán o tono ao torneo. Victoria por 3 tantos a 0 para Pollitos, con doblete de Yandel e actuación destacada de Tuche.

O prato forte da xornada quedou para o segundo encontro, onde se enfrontaban os a priori favoritos para levarse a Copa. CHOCOLATES contra CHURRERÍA PEPE, duelo de líderes que non defraudou en intesidade, paixón e goles. Foi un partido non exento de polémica, con protestas, pode que merecidas, ao señor colexiado.

Adiantouse nada máis comezar Churrería con unha falta rigurosa na frontal da área, moi ben executada por Mikel, a Chocolates entroulles ansiedade polo resultado adverso e costoulles desenvolver o seu magnífico xogo. 

Empatou Xoel nunha bonita xogada de Manu pola banda mediado o partido. Cando parecía que ía quedar o encontro en táboas, outra vez apareceu Pablo no último suspiro, e tras xogada individual, enviou o balón á escadra de Isaac. Victoria 2-1 de Churrería Pepe que os deixa coma líderes.

Proximo Xoves máis pero complicado que mellor!


martes, 6 de xaneiro de 2026

Xornada 2 do Torneo de Fútbol (1º e 2º da ESO)

 


Xornada 2 (1º e 2º da ESO)

Tralo parón do Nadal, e logo dunhas merecidas vacacións, toca voltar ao Instituto! E na volta, continuamos coa competición ligueira do Torneo de Fútbol.

Este próximo xoves 8 de Xaneiro, tócalle o turno os rapaces e rapazas de 1º e 2º da ESO, que nos deleitarán con dous apaixoantes encontros, ao nivel dos da Xornada 1.

Os partidos do próximo xoves serán:

POLLITO FC - RACELTA

CHOCOLATES - CHURRERÍA PEPE


Debido ás inclemenzas climáticas que se preven para o xoves 8, os partidos poderían mudar de día, informarase nesta páxina ou o propio xoves!! Non perdades ollo!

Resumo xornada final (1ºe 2º da ESO)

 CLASIFICACIÓN FINAL LIGA REGULAR 1º E 2º DA ESO Chegou ao final a fase regular do torneo Illa de San Simón en 1º e 2º da ESO!!!! XA TEMOS F...

Visitas ao blog