Rubén e Iker (MVPs)
O mércores xogáronse os últimos partidos da 2ª xornada do torneo Illa de San Simón!
Desta volta tocoulle aos rapaces e rapazas de 3º/4º. A choiva deu unha tregua o mércores ás 11.30, hora do recreo, aínda que o terreo de xogo estaba ben rápido e un pouco inestable.
Saltaron primeiro á cancha os equipos de PECES GUASONES e LACEFATO67, o partido comezou frío e non dou cambiado o ritmo ata o final. Pouco xogo, moito mediocampismo, e respeto entre os dous equipos. Quixo rachar con el Iker, que cunha xogada pola banda, sacou un latigazo seco que se espetou no longueiro, escoitándose os oooohhs do resto de alumnado. Final 0-0 e reparto de puntos.
A continuación, tocoulles o turno a BURLAOS contra COJOS. A priori os rapaces de 4º parecían favoritos, pero costoulle entrar no partido, e cando se deron conto, un gol de Rubén e outro de Lucas, puxeron terra de por medio. Chegou a reacción, acurtaron distancias e puideron empatar, pero os Cojos leváronse finalmente o encontro por 2 tantos a 1.
Para a semana máis e mellor!! Estade atent@s á páxina, porque dependo do Tempo, o día da xornada pode cambiar!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario