sábado, 10 de xaneiro de 2026

Comezo da Xornada 2 (1º e 2º ESO)

 


Xornada 2 (1º e 2º ESO)

Voltou finalmente o torneo de fútbol da Illa de San Simón, tralo parón de Nadal. Tivo que facelo en venres, polas inclemenzas metereolóxicas do xoves, pero como voltou!!

A chuvia respectou os encontros, pero o campo estaba moi rápido, o primeiro partido enfrontou a RACELTA, que debutaba no torneo, e a POLLITOS, que se querían resarcir da derrota da primeira xornada.

O encontro comezou frío, pero rápidamente Pollitos tomou o control e non o perdeu en prácticamente ningún momento. Notouse que era o primeiro encontro de Racelta, pero ben seguro que lle collerán o tono ao torneo. Victoria por 3 tantos a 0 para Pollitos, con doblete de Yandel e actuación destacada de Tuche.

O prato forte da xornada quedou para o segundo encontro, onde se enfrontaban os a priori favoritos para levarse a Copa. CHOCOLATES contra CHURRERÍA PEPE, duelo de líderes que non defraudou en intesidade, paixón e goles. Foi un partido non exento de polémica, con protestas, pode que merecidas, ao señor colexiado.

Adiantouse nada máis comezar Churrería con unha falta rigurosa na frontal da área, moi ben executada por Mikel, a Chocolates entroulles ansiedade polo resultado adverso e costoulles desenvolver o seu magnífico xogo. 

Empatou Xoel nunha bonita xogada de Manu pola banda mediado o partido. Cando parecía que ía quedar o encontro en táboas, outra vez apareceu Pablo no último suspiro, e tras xogada individual, enviou o balón á escadra de Isaac. Victoria 2-1 de Churrería Pepe que os deixa coma líderes.

Proximo Xoves máis pero complicado que mellor!


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Xornada 2 (3º e 4º ESO)

Xornada 2 (3º e 4º da ESO) Este próximo  xoves 15 de Xaneiro , tócalle o turno os rapaces e rapazas de 3º e 4º da ESO, que nos amenizarán o ...